A Pobra implanta medidas para o Día de Tódolos Santos co obxectivo de garanti-la seguridade e saúde pública fronte á COVID-19
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que para o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, se implantarán medidas nos cemiterios coa finalidade de garanti-la seguridade e saúde pública fronte á COVID-19. Neste senso, instalaranse nos accesos aos 5 camposantos carteis coas seguintes indicacións: cabida máxima, permanecer un máximo de media hora, horario, …




