As fotos de Xosé Castro, “fotógrafo da xente”, ata o 30 de xuño na Casa do Concello de San Sadurniño
O xornalista gráfico coruñés acudirá á inauguración da mostra, prevista para este domingo 13 de xuño ás 12.00h. Xosé Castro, coñecido como “Pepucho”, leva máis de medio século coa cámara ao lombo retratando diferentes escenas da vida cotiá, principalmente na cidade da Coruña, onde traballou como fotoxornalista para La Voz de Galicia. A Concellaría …





