O Teatro Rosalía estrea hoxe ‘Continente María’, un espectáculo teatral con selo galego que percorre a vida sobre as táboas de María Casares
Inés Rey: “A obra fala da capacidade de María Casares para ir un paso por diante á época na que viviu, loitando por ser unha muller independente ata conseguilo” A peza dá continuidade aos actos postos en marcha polo Concello no contexto do Ano Internacional María Casares, que conmemora o centenario do nacemento da actriz …









