O Concerto de Panxoliñas na Igrexa de San Pedro de Tállara abre mañá sábado a programación especial de Nadal de Lousame
A igrexa de San Pedro de Tállara acollerá mañá sábado 18 de decembro, ás 19:30 horas, o xa tradicional concerto de Panxoliñas do Concello de Lousame. Un concerto de acceso libre no que participarán o grupo O Son do Pote así como o grupo de música formado polas alumnas e alumnos da Aula de Lousame …










