Frades conmemora mañá martes o Día Internacional da Muller cunha concentración ás 12:00 horas diante da Casa do Concello
O Concello de Frades convida á veciñanza a participar nunha concentración para conmemorar o Día Internacional da Muller que terá lugar mañá martes 8 de marzo, ás 12:00 horas, diante da Casa Consistorial en Cimadevila. No acto darase lectura a un manifesto institucional por parte da concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade, Conciliación e Atención …










