Alternativa de Arteixo reúnese co presidente da Autoridade Portuaria da Coruña
Representantes de Alternativa dos Veciños de Arteixo reuníronse con Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, para tratar a situación que sofren moitos dos areais do municipio de Arteixo como consecuencia da construción do Porto Exterior, que provocou importantes cambio nas correntes mariñas. Alternativa leva meses demandando solucións aos diferentes organismos responsables, xa …










