O BNG reclama depurar responsabilidades ante as verteduras ilegais do matadoiro municipal de Ribeira
O BNG vén de rexistrar iniciativas no Parlamento de Galiza e no Concello de Ribeira para esixir a depuración de responsabilidades ante unhas verteduras ilegais producidas polo matadoiro municipal ribeirense. A formación nacionalista informou de que lle chegaron vídeos e fotografías nos que se pode apreciar como o matadoiro municipal verte de maneira incontrolada augas …








