O Concello de San Sadurniño recibe aos equipos do Aldebarán no peche dunha temporada chea de éxitos para o club
O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e o concelleiro de Deportes, Manel Martínez Pérez, recibiron esta mañá na Casa do Concello ás escuadras do Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño, cadrando cun remate de temporada certamente exitoso para a base e tamén para o primeiro equipo. Neste sentido, o equipo infantil masculino alzou a …









