O Concello executa obras de ampliación da rede de saneamento e melloras na pista polideportiva de San Mateo orzamentadas en conxunto nuns 205.000 euros
O Concello destinou unha partida de preto de 160.000 euros á materialización do proxecto de ampliación da rede de saneamento na parroquia de San Mateo. Os traballos están actualmente en execución e esta mesma mañá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para ver o avance dos mesmos. …










