Cruz Vermella e Concello de Carballo colaboran nunha campaña informativa con motivo do Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA
Coincidindo co Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA, Cruz Vermella e o Concello de Carballo colaboran este ano para achegar á mocidade información sobre esta enfermidade. Con ese obxectivo, entre o xoves e o venres desenvolveranse accións informativas nos tres institutos de secundaria. A Cruz Vermella leva corenta anos traballando contra o VIH/SIDA. Neste …









