O intercambio entre Carballo e L’Isle Jourdain estreitará lazos en abril cunha longa fin de semana de música, lingua e tradición
Unha delegación de L’Isle Jourdain, a vila francesa irmandada con Carballo, visitará o noso concello do 24 ao 28 de abril para participar nun intercambio cultural que ten como obxectivo fortalecer os vínculos históricos e sociais entre ámbalas dúas localidades. Na expedición participarán case corenta persoas de idades comprendidas entre os 11 e os 83 …









