Máis de 250 menores participaron nas actividades do proxecto de dinamización “Casa Aberta” nas instalacións da Casa da Mocidade
Un total de 256 persoas participaron o pasado ano no proxecto de dinamización da Casa da Mocidade “Casa Aberta”. Menores de 12 a 16 anos implicáronse nesta iniciativa de socialización en torno ao xogo que deu comezo o 18 de novembro e rematou o 29 de decembro, os venres e sábados en horario de tarde. …









