O concello concorre a convocatorias de axudas para mellorar o polígono, reforzar o arquivo e crear unha aplicación para xestionar as instalacións deportivas
Os tres programas son impulsados pola Xunta de Galicia. Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse concorrer ás convocatorias de tres programas de subvencións para diversas temáticas, todos eles impulsados desde diferentes consellerías da Xunta de Galicia. Unha delas refírese á convocatoria de axudas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, …










