Mantense o dispositivo municipal para xestionar as incidencias motivadas polas chuvias intensas
A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, deu conta esta mañá en rolda de prensa do dispositivo despregado no día de onte para facer fronte á “situación excepcional” provocada polas intensas precipitacións caídas na cidade. Neste operativo especial, que se manterá activo ao longo do día de hoxe, participaron 50 persoas das empresas concesionarias Viaqua …










