Antón Reixa debuta na danza contemporánea en “Cicatriz”, a proposta de Kirenia Danza pola inclusión e o anti-edadismo que abre Primavera enDanza
A compañía Kirenia Danza abre Primavera enDanza con Cicatriz, un espectáculo que transcende os límites físicos e xeracionais para poñer corpo aos versos de Antón Reixa. A peza, que conta coa interpretación do propio Reixa e da coreógrafa Kirenia Martínez Acosta, sitúa a emoción e a verdade vital no centro da escena, desafiando os canons …










