O Concello avanza na mellora da calidade do aire e na descarbonización coa aprobación do proxecto de Zonas de Baixas Emisións
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de “Posta en marcha de actuacións para a mellora da calidade do aire e implantación de Zona de Baixas Emisións de Santiago de Compostela”, que presentaron, posteriormente, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños; e Eduardo Díaz, xerente de AAPP e Smart Tech da …