O Concello de Carballo dá o paso definitivo para a integración da Pedra Moura de Aldemunde no Parque do Megalitismo
A Xunta de Goberno Local aprobou de xeito definitivo o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos que rodean o xacemento arqueolóxico Pedra Moura de Aldemunde. Esta medida permitirá ao Concello facerse coa titularidade de máis de 10.800 metros cadrados de solo protexido para garantir a súa conservación e posta en valor. …










