O Concello de Carballo despide a Gustavo Figueira na súa xubilación tras 43 anos de servizo público
Cando Gustavo Figueira empezou a traballar no Concello de Carballo, no ano 1979, o orzamento era de 64 millóns de pesetas e todos os departamentos municipais compartían espazo nas actuais oficinas da primeira planta da casa do concello. Lembrouno hoxe o alcalde, Evencio Ferrero, no acto de despedida de Gustavo, un dos traballadores máis veteranos …