A Asociación Cultural Santa María de Torás presentou no concello o I Día da Muiñeira
O evento celebrarase na tarde do domingo 14 de maio. A presidenta da Asociación Cultural Santa María de Torás, Almudena Martínez, e dous directivos da entidade, Raúl Tova e Iria Bolón, presentaron hoxe ao alcalde, José Manuel López Varela, e á concelleira de Cultura, Patricia Bello, a I edición do Día da Muiñeira da Laracha. …