O festival “Neda en danza” regresa este sábado cunha edición centrada na tradición
Volve “Neda en danza”. Tras dúas edicións sendo escaparate dalgunhas das propostas de danza contemporánea máis potentes de Galicia, o festival aposta desta volta pola tradición, cunha entrega protagonizada, en exclusiva, polo Grupo etnográfico das Mariñas. Veciñanza e visitantes poderán desfrutar este sábado, a partir das 21 horas, no paseo marítimo (contorna no albergue de …










