A Xunta destina máis de 3,1 M€ á subministración de 108 vehículos para renovar parte do parque móbil dos servizos de Patrimonio Natural e Recuperación de Fauna
— O contrato permitirá dotar ao persoal de camionetas estilo pick-up, coches SUV 4×4, furgonetas e vehículos todoterreo para facilitar o seu labor nas zonas forestais ou de difícil acceso nas que adoitan actuar — A disposición de medios máis modernos favorecerá un aforro de combustible, unha maior eficiencia enerxética e a redución de emisións …










