Homenaxe á muller na exposición conxunta de Mar Bascoy e Marian Briones na Pobra
A arte volve á casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal cunha nova exposición: Ser Arte, de Mar Bascoy e Marian Briones. A través de distintas técnicas como o debuxo, a pintura ou a colaxe, ámbalas artistas mergúllanse nunha autoexploración e elixen vivir en conexión coa súa parte máis intuitiva e espontánea. …