A Rede Galega de Teatros e Auditorios programa ata xuño máis de 350 actuacións escénicas e musicais en 41 concellos
— A Xunta e as entidades locais asociadas cofinancian este circuíto autonómico, que neste semestre acolle as estreas dos novos espectáculos de Cali Danza, Elvi Balvoa, Manekineko, Paula Pier, Producións Teatrais Excéntricas, Sarabela Teatro e Talía Teatro — O seu orzamento para 2024 sitúase arredor dos 2 M€, destinados en exclusiva á contratación de formacións …










