A Xunta amplia 43 centros educativos cun investimento de 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado galego
— A través destas actuacións respóndese ás demandas de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico coa construción de novos edificios e aulas — Outro dos eidos de actuacións son os talleres de FP, cunha matrícula crecente e dotación de espazos equipados para ciclos cada vez máis tecnificados — Adáptanse os centros aos cambios sociais, …










