Hoxe o Museo do Encaixe acolleu o acto de recepción oficial aos tripulantes do patrulleiro da Armada ‘Tabarca’, que estará toda a fin de semana atracado no Porto de Camariñas para a súa participación nos actos de baixada da Virxe do Monte.
No acto participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o capitán de Fragata e comandante naval da Coruña e Ferrol, D. Jose Manuel Faraldo Sordo; e o tenente de Navío e comandante do patrulleiro Tabarca, D. Eduardo Maria Delgado Franco.
Os tripulantes da nave non puideron saír do barco polo protocolo COVID.
Sandra Insua destacou a importante labor que fai diariamente o patrulleiro “que se encarga da vixilancia marítima e pesqueira para protexer os nosos intereses” e lembrou que participou “durante a crise do Prestige, dando apoio loxístico aos equipos de buzos desprazados para eliminar os restos de chapapote”.
Mañá, sábado, 28 de agosto, haberá unha misa na Virxe do Monte e eles desde o mar van a renderlle homenaxe xunto cos barcos de Camariñas que queiran.
O domingo, na baixada da Virxe, os mariñeiros non poden participar pero si o farán, coa xente do pobo, o capitán e o tenente.