Friday 01 de November de 2024

O Concello de Malpica convoca á veciñanza para un novo concurso coa fotografía como elemento vehicular


A iniciativa, que parte da Concellería de Cultura, propón crear unha exposición baixo o título “Galería Vinte Vinte”.

O Concello de Malpica, a iniciativa da concellaría de Cultura, convoca á veciñanza para un novo concurso, coa fotografía como elemento vehicular.

Baixo o título “Galería Vinte Vinte” constará, inicialmente, de 10 fotografías que serán seleccionadas polo público a través do perfil de Facebook do Concello de Malpica. Poderán participar todas as persoas que o desexen, e as pezas poderán ser en cor ou en branco e negro. Acompañarase a imaxe dun texto, non de máis de 15 palabras.

A temática das fotografías versará sobre o período de confinamento e poderán ser imaxes interiores ou exteriores, sempre e cando se realicen desde a casa. Establécense dúas categorías: de 12 ata 17 anos e maiores de 18 anos.

O prazo de presentación de fotografías estará aberto desde as 00:01 horas do 1 de maio, ata as 23:59 horas do 20 de maio de 2020. As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo educacionecultura.malpica@gmail.com.